"O premio para nos foi unha bendición, unha ilusión, non sei como explicarcho, é un premio a nivel Galicia".

Aimil Folc pon en valor a cultura limiá

Lola Ogea Conde (Presidenta da asociación)
Aimil Folc pon en valor a cultura limiá

Grazas ao premio Xavier Prado Lameiro levarán o nome de Xinzo por o mundo adiante, esperemos que o concello nos apoie.

O pasado 24 de Maio a Asociación Cultural Aimil Folc  recibiu o premio Xavier Prado Lameiro, que premia o labor daquelas persoas ou colectivos que destaquen polo seu compromiso pola cultura de Galicia de expresión en idioma galego e de carácter popular, no eido do folclore e máis concretamente na música popular e polifónica galega.

Aimil Folc leva 22 anos como asociación e 21 coa formación coral. 

Hai escasos 3 meses, foi elexida a nova presidenta: Lola Ogea Conde, como ela dí foi "presidenta por accidente", pero aceptou o cargo con moitisima ilusión e con moitas ganas de traballar. O resto de membros da directiva son a vicepresidenta: Lina Villarino, o tesoureiro: Eduardo Martínez (Chicho), a secretaria: Manola (Meli) entre outros.

WhatsApp Image 2024 06 04 at 11.42.55

É o unico coro de musica tradicional que hai na comarca, está composto por 30 voces mixtas e músicos que varian en función das necesidades, a veces hai duas ou tres gaitas, bombo, tambor e pandeiretas. Consideranse unha gran familia, cun ambiente maravilloso, aberta a todo o mundo que queira vir, coas portas abertas para todos.

A Asociación financiase gracias aos socios e socias, e as poucas axudas que reciben, o concello dalles unha pequena subención anual e aí atras recibiron outra da Diputación para os traxes.

Este premio foi un recoñecemento a nivel galego de todo o esforzo e traballo que levan a cabo dende fai mais de 20 anos. En palabras da presidenta: "O premio para nos foi unha bendición, unha ilusión, non sei como explicarcho, é un premio a nivel Galicia"

Agradecemento especial a Toni Fernández, único membro da corporación que asistiu a entrega do premio

Pero non todo foron alegrías, dende o coro Aimil sintironse un pouco decepcionados e tristes co concello, levaban como insignia a bandeira do Concello de Xinzo, porque nun día tan importante como ese non hubo ningunha representación institucional pola súa parte. A coral de Ruada habia deixado asientos para as institucións, dende o coro resaltan que avisaron  e invitaron a os membros do concello con tempo,  pero a última hora so recibiron escusas para non asistir. Tamén querer facer un agradecemento profundo a Toni Fernández, que foi a unica persoa que se dignou a asistir, mostrandolle o seu apoio, o seu cariño, él e a súa familia.

Aimil folck non pertence a ningunha ideoloxia política, aínda que a hai xente que así o considere, pero dende a asociación queren remarcar que os membros teñen cada un a súa ideoloxía, e que no coro nunca se fala de política. 


Aimil Folc

Acto de recollida do galardón en Ourense

Para o vindeiro curso teñen moitos plans, pero vense limitados polos problemas económicos. Programados para o novo curso, en Setembro, haberá cursos de canto, o Coralimia, entre outras. Este ano queren facer unha pequena exposición na casa da cultura recopilando fotos, carteis das actuacións, premios e agasallos destos 21 anos de traxectoria. Ademais vanse meter nos circuitos culturais da Diputación e estaran abertos a calquer tipo de ofertas de contratación. As próximas actuacións serán nas festas de Xinzo.

Pero se algo diferencia a Aimil Folc do resto de coros é a forma de cantar, son un coro atípico, non se ciñen o establecido, son un pouco "indomables".

Resaltan a profesionalidade de Fernando Dopico, din que se non fora por él o coro non estaría onde está. Él foi o encargado de diseñar e asesorar os traxes, Daquela (Lalín) foi quen os confeccionou, empresa que so se adica o traxe tradicional, os panos son de Bulideira. Todos os traxes están feitos a medida, os últimos foron feitos na pandemia.