28 Km menos para chegar a Santiago

28 Km menos para chegar a Santiago

Este domingo os camiñantes da Limia percorreron a penultima etapa do "Camiño"

Este domingo os camiñantes de Xinzo percorreron a penúltima das etapas marcadas para chegar a Santiago pola vía da Plata. 28 km separaban a saída no Corno ata o lugar da chegada en Silleda. O tempo era o mellor que se podía ter, sen moito calor, cousa que fixo que un grupo de camiñantes "metera a directa" e lograra que a diferencia entre o primeiro grupo que chegou a Silleda e o último fose de case dúas horas.71d82028 bc13 4a82 9bfb c25de556cf2a

O domingo que ven os camiñantes percorrerán a última etapa que os levará directamente ata Santiago para despois de escoitar a misa, recoller a Compostela.


Collage3