O desafío entre aldeas- "O Gran Prix" de Baronzás

O desafío entre aldeas- "O Gran Prix" de Baronzás

Unha competición entre pobos co obxetivo de xuntarse, pasalo ben e atopar o equipo máis unido.

A aldea de Baronzás dentro da programación das festas de S. Andrés organiza o sábado 15 de xuño a partir das 17:00 un "Desafío entre aldeas".

WhatsApp Image 2024 05 24 at 18.33.20

A competición ten carácter interxeracional polo que haberá probas para todas as idades, tanto que é imprescindible ter no equipo xente de menos de 12 anos e de máis de 60. 

De cada aldea só se pode inscribir un equipo , e estes deben de ser de mínimo 6 persoas (non hai máximo).

Os equipos que se anoten terán que enfrontarse a probas coma : o Tute, Carreira de carretillas, Lanzamento de coio/boina,  Relevos con tinas, Sachar o rego ou Tiro á lata.

O prazo para inscribirse está aberto ata o 7 de xuño.

Para inscribirse ou ter máis información podedes facelo nos seguintes números: 627187927/ 609587805/ 667309802