Contén reportaxe fotográfico
Noite grande para AIMIL FOLC
O premio Xavier Prado Lameiro reconforta o traballo de 20 anos
A Asociación Cultural CORAL DE RUADA entrega cada ano un galardón que leva o nome do escritor Xavier Prado Lameiro, para premiar o labor daquelas persoas ou colectivos que destaquen polo seu compromiso pola cultura de Galicia de expresión en idioma galego e de carácter popular, no eido do folclore e máis concretamente na música popular e polifónica galega.
O xurado acordou por unanimidade conceder o premio 2024 a AIMIL FOLC, de Xinzo, polo traballo que ao longo de mais de 20 anos leva realizando no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional. Pero non solo na interpretación se non tamén nos grupos instrumentais que os acompañan e nos traxes que utilizan.
O lugar escollido para a entrega foi o tyeatro Principal, cuxa Platea estaba ocupada maiormente por veciños e amigos de Xinzo, ainda que si se notaron ausencias destacables.