Asistiron ao Delegado do Goberno, o Pte. da Deputación e alcaldes dos concellos participantes.

Presentado en Entrimo o proxecto MIXTURANDO

Asistyentes á presentación
Presentado en Entrimo o proxecto MIXTURANDO

 O proxecto Mixturando, no que está implicado o GDR Limia Arnoia, “será unha ferramenta magnífica para afondar na economía verde e a sostibilidade”

 O mirador do Pedreiriño, en Entrimo, acolleu esta tarde a presentación do proxecto Mixturando, no que están integrados os GDR Limia Arnoia, Terra de Auga do Condado Paradanta e o asturiano de Camin Real de la Mesa, e que que desenvolve novas estratexias de valoración do bosque mixto atlántico en Asturias e Galicia.

IMG 4652


Tal e como explicou o presidente provincial na presentación desta iniciativa, a súa importancia radica non só nesa posibilidade de futuro, senón no amplo análise que é preciso para acometer este proxecto que une esforzos e integra intereses comúns dos territorios: “A unión é garantía de éxito, e a cooperación é a fórmula máxica para acadar este obxectivo.”, sinalou Luis Menor, quen avanzou que Mixturando “será unha ferramenta magnífica para afondar na economía verde e a sostibilidade”.


Por ultimo, o presidente da Deputación manifestou os seus parabéns por esta acción colaborativa “que vén de dar un fruto tan importante e cheo de futuro para o noso medio rural, que servirá de guía e apoio para os concellos, “unha ferramenta de futuro ilusionante e innovadora que de seguro suporá un antes e un despois para a provincia de Ourense”. 

IMG 4720

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, subliñou hoxe en Entrimo a importancia da dinamización socioeconómica do rural coa sustentabilidade como eixo transversal, “xerando emprego de calidade, loitando contra o cambio climático e protexendo a biodiversidade”.

O delegado aproveitou para poñer en valor e agradecer o traballo levado a cabo polas GDR, organismos que —segundo dixo— “traballan por mellorar a calidade de vida e o desenvolvemento do rural amosando un gran compromiso co futuro destes territorios”.

 Así mesmo, salientou que iniciativas como estas contribúen á creación de “modelos de economía verde nas áreas rurais capaces de engadir valor e riqueza para toda a súa cidadanía a través dos seus bosques”. A iniciativa lévase a cabo nos concellos de Lobeira, Entrimo, Muiños e Lobios na comarca da Baixa Limia; ao do Covelo na da Paradanta.