Aimil Folk premiada por Coral de Ruada

Aimil Folk premiada por Coral de Ruada

Recibirá  da agrupación Coral de Ruada o premio  Xavier Prado "Lameiro"

Coral de Ruada convocou por undécimo ano o premio que conceden a calquera outra entidade para recoñecer o traballo que desenvolven unha perosoa ou unha entidade que destaque polo compromiso coa cultura galega, coa característica de que a expresión sexa en galego e ten que ser tamén de caracter popular. sempre no eido do folclore, podendo ser  na música popular e polifónica.

PREMIO A AIMIL FOLC

Nesta ocasión o xurado destacou o traballo que desenrola a asociación limiá dedicada a recuperación tanto de traxes tradicionais  así como o folclore, resumindo : 

«traballo e compromiso coa cultura popular galega»

O premio será entregado o venres 24 de maio a partir das 20:00 no teatro Prinicipal de Ourense