Pleno de trámite cos puntos aprobados por unanimidade
Antes do comezo os portavoces leron unha declaración Institucional sobre o conflito entre Israel e Palestina.
Os portavoces dos partidos que compoñen a corporación comezando polo alcalde foron lendo cada un unha parte do comunicado.
Rematada a lectura comezou o pleno tratando os puntos da orde do día, que foron aprobados todos por unanimidade.
MOCIÓNS DE URXENCIA

Foi a partir deste momento cando os votos do equipo de goberno formado por AXIL e PP tiveron que facer valer os seus votos para rexeitar todas as mocións presentadas pola oposición, neste caso do BNG que pretendía que tres mocións , unha sobre a sanidade en Xinzo, concretamente a falla de un pediatra e outras dúas máis referidas a poda de árbores que se vai levar a cabo e sobre o inventario do legado de Antonio Nieto Oliva. .
O alcalde rexeitou a urxencia das mesmas, non o seu interese, pedíndolle ao portavoz que se presentasen en comisións para ser debatidas con máis amplitude de cara ao próximo pleno que anunciou sería en breve. Tamén informou ao pleno sobre algunhas accións que se están a levar xa a cabo sobre os temas.
SUBIDA DE TAXAS
O pleno aprobou provisionalmente a suba, por contrato coa subministradora das taxas polo servizo de sumidoiros e pola subministración de auga a domicilio. Neste punto o portavoz do BNG solicitou que se lle entregara o contrato coa subministradora VIAQUA para o seu estudio e ver da posibilidade de negociación coa mesma para un aforro ou calquera acción que poida mellorar o prezo aos veciños.
O alcalde solicitou a Sra. Secretaria que “por favor” lle faga chegar o contrato para que eles o coñezan e intenten o que eles propoñen.

No capítulo de Rogos e Preguntas, o alcalde contestou a todas as feitas na sesión anterior e os portavoces fixeron as que traían para este pleno e que serán contestadas por escrito na vindeira sesión.