Dúas semanas de pinchos “elaborados “na hostalería de Xinzo
A convocatoria saíu do concello
A pasada semana o concello convocou a hostalaría de Xinzo a unha reunión para por en marcha dúas semanas de degustación de pinchos elaborados como ingrediente principal a pataca.
A reunión do concello na que estaban presentes o alcalde, e dous concelleiros do grupo de goberno asistiron 12 persoas, das que paradoxicamente solo unha ten un bar na rúa dos viños e dúas na praza.
XOVES, VENRES, SÁBADO E DOMINGO
As “xornadas” de pinchos con pataca levaríanse a cabo de xoves a domingo na última semana de novembro e a primeira de decembro. O obxectivo, non é solo a promoción da pataca se non tamén tratar de dinamizar desta maneira o ambiente dos viños, que está bastante perdido.
Os pinchos custarán 2 € e esperan que a próxima reunión xa conten con máis establecementos que queiran participar para consensuar os premios a sortear entre os clientes que cubran durante esas dúas semanas as cartolinas cos selos de todos os establecementos.