MALA TARDE PARA O BASKET A.B. XINZO

Público asistente aos partidos do mércores
MALA TARDE PARA O BASKET A.B. XINZO




Os dous equipos Júnior feminino e Sénior masculino, non puideron cos seus rivais

Os afeccionados que se desprazaron a cancha do pavillón de Xinzo para botar unha tarde de todos os santos vendo baloncesto marcháronse un pouco decepcionados polos dous resultados.

Tanto equipo feminino como o masculino foron aguantando os seus respectivos partidos durante os tres primeiros cuartos, pero víndose abaixo no cuarto para saíren derrotados. As féminas encaixan a terceira derrota consecutiva e haberá que mirar de preparar un revulsivo para que o equipo con varias cadetes logre aguantar ata o final dos partidos.

O mesmo lle pasou aos Sénior masculinos que no último cuarto perderon de 18 puntos. Ansiedade e malas decisións en ataque e defensa fixeron que ámbolos dous partidos que estaban endereitados tiveran un final moi malo.